A feira de artesanía
de Nadal en Vigo

Do 16 de decembro 2017
ao 5 de xaneiro 2018

Pecha o 25 de decembro
e o 1 de xaneiro.

Horario: de 11 a 14 e de 16:30 a 21 h.

Os días 24 e 31 de decembro
pechará ás 19 h.
Ofeitoaman é a feira de artesanía por excelencia da cidade de Vigo, e a máis importante de Galicia durante o Nadal.

Celébrase na terraza exterior do Centro Comercial A Laxe de Vigo, na zona da Estación Marítima. O Centro dispón de amplo aparcamento (gratuito durante a primeira hora).

Participan 21 obradoiros artesáns, de toda Galicia e Portugal.
Unha feira popular e visita obligada no Nadal para os cidadáns de Vigo, e tamén para moitas persoas que se deplazan dende outros puntos de Galicia.

Regalos auténticos

Produtos con garantía de orixe, directamente do productor ó consumidor, a maioría ca marca oficial da Artesanía de Galicia.


[ 2007 ]   [ 2008 ]   [ 2009 ]   [ 2010 ]   [ 2011 ]   [ 2012 ]   [ 2013 ]   [ 2014 ]   [ 2015 ]   [ 2016 ]   [ 2017 ]