Artesanía Enxebre
Artesanía en madeira
En Artesanía Enxebre facemos todo tipo de proxectos elaborados a man en madeira e resina: dende táboas de cortar e lámpadas persoalizadas, ata artigos de decoración para o fogar, cun toque orixinal, artístico e sofisticado.
 As nosas pezas créanse dende cero… todas e cada unha delas, por pequenas ou grandes que sexan, créanse con moito esmero e agarimo.