Elena Ferro
Zocos e coiro
Grazas á combinación da marroquinería coa elaboración dos zocos, Elena e a súa familia, que traballan baixo a marca eferro poden manter vivo un oficio tradicional actualmente en extinción, facendo del un modo de vida.
 Os produtos atópanse principalmente en tendas e feiras especializadas, e van dende calzado a todo tipo de complementos como bolsos, carteiras, moedeiros, cintos… Os seus zocos contan con diferentes tipos de tacóns e plataformas e libre elección en cor e peles.
 Elena Ferro – Taller
Reboredo 1 – Merza
36580 VILA DE CRUCES (Pontevedra)
986 583 524
 Elena Ferro – Tenda
Rego de Auga 4
15001 A CORUÑA