OFEITOAMAN nace por iniciativa dun colectivo de artesáns de Vigo e comarca no ano 1985, na que organizan a primeira edición como un mercado de artesáns na Praza de Compostela.
 A partir do ano seguinte, xa é a Asociación Galega de Artesáns a que se fai cargo da organización da feira, que xa se monta nunha carpa metálica na Praza do Progreso e na que comezan a participar artesáns de toda Galicia.
 Nas edicións seguintes a feira recorre varias localizacións na cidade: a Praza da Estación de Renfe, a Estación Marítima de Transatlánticos, de novo na Praza de Compostela, e nas últimas edicións no exterior do Centro Comercial A Laxe.
 Ofeitoaman é un dos acontecementos máis importantes no Nadal de Vigo, e a feira de artesanía máis importante de Galicia durante o inverno. Nalgunha das súas edicións chegou a acoller a máis de 100 expositores chegados de toda España e Portugal.
 Na actualidade é unha das feiras de artesanía de referencia en España, que se caracteriza pola calidade dos produtos e a profesionalidade dos seus expositores.
Como todas as feiras e accións organizadas pola Asociación Galega de Artesáns, Ofeitoaman forma parte da estratexia da marca Artesanía de Galicia.
Colaboran:
Fundación Pública Artesanía de Galicia
Vicepresidencia segunda e Consellería
de Economía, Empresa e innovación